1 de diciembre de 2014

Reflexión Individual Módulo 3



O ITINERARIO PERSOALIZADO DE INSERCIÓN (IPI)



O itinerario Persoalizado de Inserción (IPI) é un conxunto de accións, que paso a paso, defínese e desenvólvese para mellorar a empregabilidade da persoa desempregada inscrita como tal no SPEG.

O IPI iníciase sempre mediante unha acción persoalizada e individual de diagnóstico ou avaliación socioprofesional desenvolvida por un/unha técnico dunha oficina de emprego ou entidade colaboradora. Cada persoa beneficiaria que participe nun IPI terá un profesional da orientación que será o seu asesor ou asesora durante o proceso.

Ao marxe da posible contribución como axuda persoal e profesional ao demandante de emprego, o IPI permite dar coherencia aos distintos recursos que dende o SPEG se ofrecen. O desenvolvemento dos itinerarios convértense así na “ Porta de Entrada” a todas as políticas activas de emprego. Os IPIs non son sólo un concepto metodolóxico, senón que son o marco de procedemento para as políticas activas de emprego.

Nun IPI as decisións tómanse consensuadamente entre a persoa demandante de emprego e a persoa responsable do seu itinerario; é esta última, a encargada de poñer todos os recursos ao seu alcance para que acade o obxectivo profesional que se tivera marcado.

Os IPIs poden combinar diversos tipos de accións: información, orientación, asesoramento, formación, así como outras medidas que se establezan, e que conduzan á inserción socio laboral. Poderíamos concretar as fases do itinerario en: recepción e acollida, recollida de información e análise, definición do itinerario, desenvolvento e finalización.


Despois desta introducción quixera reflexionar sobre as leccións aprendidas no desenvolvemento destes IPIs e que me parecen claves á hora de levalos a cabo:

· Considero que é primordial a unificación de criterios. Aínda que a Consellería xa nos marca unhas pautas para o desenvolvento dos programas, cunha metodoloxía, secuenciación e incluso un aplicativo específico, a veces xurden desacordos entre os orientadores nos criterios relativos á apertura de novos itinerarios e asignación de cursos. Tamén aquí entra en xogo un factor clave que é a “responsabilidade” e “profesionalidade” do orientador á hora de realizar este tipo de accións. 

· A persoalización dos itinerarios de inserción. Os itinerarios non poden ser, uns copias doutros. Cada persoa como tal é a clave do seu propio desenvolvemento. É necesario que a persoa sexa activa e responsable neste cambio. Os itinerarios non deben de deseñarse en función da pertenza a un determinado colectivo. Debemos incidir no seu carácter individual e flexible.

· O proceso de acompañamento, físico e real co participante é unha das prácticas que destacan dentro dos itinerarios. Este acompañamento significa unha nova forma de traballar en orientación. Os itinerarios deben basearse nas potencialidades profesionais e persoais do beneficiario/a.

· É clave o traballo en equipo e en paralelo cos demáis profesionais e técnicos que poden estar implicados neste proceso. Primordial tamén é o traballo en rede cos distintos axentes sociais da zona de actuación. Tamén hai que saber delegar.

· Introducir os eixos transversais das Novas Tecnoloxías. Nos talleres formativos debemos incorporar o entrenamento no uso destes recursos, ademáis das habilidades sociais, persoais e psicolóxicas.

· Por último a importancia da formación continua para o persoal da rede de orientación, para actualizarnos, ampliar coñecementos, xerar debate e unificar criterios.


"Non se pode iniciar unha travesía sen coñecer o destino e sen contar cos mapas e a orientación para chegar a el polo mellor camiño".
Marina Müller







No hay comentarios:

Publicar un comentario