9 de octubre de 2014

Reflexión marco conceptual módulo 1



   

 Ante a falta de perspectivas laborais  (os empresarios teñen dificultades para contratar, a administración conxela as convocatorias e non se crean postos de traballo nela..).   Que nos queda aos españois?
Según a opinión dalgúns economistas e expertos na materia, a resposta é “ empreder ou emigrar”, sobre todo maiores de 35 anos e xóvenes. No último ano, máis de 221.000 xóvenes españois víronse obrigados a emigrar en busca dunha oportunidade  profesional fora.
A situación do mercado laboral español e o repunte do paro son as principais razóns que explican a fuga de españois cara ao exterior.
Outras razóns que favorecen esta emigración son as mellores condicións laborais, as maiores oportunidades de desenvolvemento profesional, a aprendizaxe ou mellora doutras linguas e a calidade de vida nos países de destino.

 Polo tanto necesitamos ter un coñecemento da Política Social e de Emprego na Unión Europea.
Existen distintas redes de información europeas nas que se desenvolven instrumentos e ferramentas de comunicación para máis de 500 millóns de persoas. Ainda que o maior problema é que o 72% dos cidadáns recoñecen saber moi pouco da Unión europea. Os Gobernos e as  Administracións deberían traballar con máis ímpetu en dar a coñecer toda esta información tan necesaria á hora de dar este paso.

Entre estas redes destacan :

- Redes de Información Europea dirixidas a grupos específicos: Red Europe Direct, Centro de Documentación Europea, Enterprise Network, Team Europa.
 - Redes de Movilidade (formativa, laboral) : Red Eures, Naric, Euroguidance, Eurodesk.
 - Redes de información sobre os dereitos de libre circulación: Centro Europeo del Consumidor, Solvit

Formarse durante un tempo noutro país é un bo xeito  de abrirse as portas ó mercado laboral internacional.  Aparte dos programas de movilidade internacional dalgunas universidades, organismos como a Unión Europea buscan fomentar este tipo de formación.  Erasmus , por exempo, facilita aos estudantes continuar o seu período académico nun país extranxeiro, e  tamén ofrece a opción de realizar prácticas inmediatamente despois de graduarse.

Outra modalidade cada vez máis popular é  a dos estudios de Formación Profesional Dual, que combinan o aprendizaxe académico con  prácticas en empresas. Que esta opción favorece que “os estudantes teñan contacto coa  realidade laboral” é un aspecto especialmente valorado en países como Alemania, Suiza e Holanda.
 
A pesar de que moitos deles vensen  obrigados a marcharse ao non  atopar traballo en España, existe unha gran motivación entre os xóvenes titulados a embarcarse nunha nova experiencia, ainda que a maior dificultade  inicial é o dominio da lingua do país elexido. Nunha das sesións mencionouse a importancia da aprendizaxe de idiomas.
No obstante,  estos xóvenes traballadores tenden a ser parte do grupo de xóvenes sobrecualificados, e en ocasións , son infrautilizados en traballos que requiren menos calificación que a que realmente poseen.



 
         A outra parte sinalada anteriormente é a do Emprendemento. (outro dos temas interesantes do módulo)
 O emprendemento pode ser tamén unha saída laboral viable.  Pero dónde?  Temos tamén que sair fora para emprender?
Crear unha empresa no extranxeiro pode resultar, máis sinxelo, rápido e económico que en España.
Mentras que en España crear un negocio costa 464 euros, en Reino Unido ou en Letonia custa menos de 35 euros.
A este inconvinte habería que engadir a dilación nos procesos burocráticos españois, frente  ao procedimento británico, por exemplo, donde os empresarios noveles poden olvidarse de presentar  calquer trámite administrativo durante os primeiros 18 meses.
Por favor  gobernantes,  facilítennos o emprendemento  !!!!!!

Conseguir o  traballo ideal é unha eterna aspiración que moi poucos fan realidade. Si a esto  añadímoslle os vaivéns dun mercado de traballo cambiante e as dificultades crecentes na búsqueda dun posto, ou os déficit nas capacidades profesionais adaptadas ao novo escenario laboral, non é de extrañar que moitos profesionais satisfagan as súas aspiracions sólo conseguindo un traballo...O que sexa.

Pero algo está cambiando, e cada vez máis profesionais buscan xa o traballo da súa vida  nalgunha ocupación ou carreira que nada ten que ver co que fixeron  ata agora.
A medida que a situación económica mellora, cada vez máis xente en busca de emprego móvese cara o traballo dos seus sonos, e faino explorando cousas diferentes. 


 

Os  expertos suxiren  “reinventarse”, e emprender un cambio radical.  Hai quen pensa que retroceder vinte pasos para recomenzar nun traballo menor non  é  un fracaso, nin é indigno. E pasar á acción e volver a invertir no futuro.
Pero para dar este paso é moi importante facer un PLAN DE EMPRESA.
O plan de empresa é  a principal ferramenta que se debe utilizar para decidir si o teu  proxecto é  o suficientemente sólido para crear a empresa, ou si ben é necesario reconducir algún aspecto comercial, productivo, organizativo ou financieiro. Tamén permite analizar a futura situación da empresa ante o mercado real  e os seus competidores, así como determinar o modelo de dirección e organización adecuados para conseguir  os obxetivos finais.


Para finalizar esta reflexión, venme á mente o comentario dun dos  nosos poñentes que sinalaba  que temos un panorama desolador e un futuro moi negro. Supoño que ten moita razón.  Comencei  esta reflexión dun xeito pesimista e non quero rematala así. Así que, como decimos os galegos:  MALOSERÁ !!!!!  

No hay comentarios:

Publicar un comentario