30 de octubre de 2014

O meu panel Feedly

O meu panel Feedly


De todas as ferramentas que dimos que serven para filtrar contidos a que me pareceu máis interesante para o meu traballo foi FEEDLY.

Feedly é unha ferramenta gratuíta que elimina o “ruido” que hai en internet. Con esta aplicación podemos seleccionar e filtrar contido así como manternos actualizados naqueles temas que son do noso interese.

Podemos filtrar e agregar toda aquela información que provén das fontes seleccionadas previamente (sempre que admitan sindicación por RSS) nun mesmo sitio. O resultado sería unha páxina feita a medida, unha especie de revista, que se nutre constantemente das fontes que determino que son relevantes para min.

A selección que fixen foi no ámbito do emprego e organicei a información en diversas categorías: administración local, emprego na costa da morte, noticias, emprego privado, emprego público  e                                                 emprendemento.

Por suposto, me temo, que esta non vai ser a clasificación definitiva nin moito menos. Hai que ir investigando e modificando o noso panel ao ritmo dos cambios e aprendizaxes que imos experimentando.

Aquí vos deixo a miña mostra:


No hay comentarios:

Publicar un comentario