30 de octubre de 2014

Curación de contidos coa ferramenta Feedly



Os profesionais  que traballan con información,  como é o caso dos profesionais  relacionados coa Orientación Profesional e que desenvolven a  sua  actividade profesional  na administración pública ou en entidades privadas, non son alleos ao término  “curación de contidos”. Por tanto, o orientador profesional pode chegar a ser un “mediador” entre toda a información “bruta” que circula na rede  e a sua comunidade (as persoas demandantes de emprego ou formación ou na mellora profesional). 

Pero, ¿cómo accedemos aos contidos que nos interesan e os que lle interesan aos nosos clientes ou usuarios?

A cantidade de información é tal, que un pode chegar a sentirse abraiado.

 ¿Cómo organizar esta búsqueda de información?

Sin dúbida o primeiro paso para calquer profesional que traballe neste sector é o descubrimento e a selección de fontes relevantes (con información útil, práctica e veraz). 

A cantidade de páxinas ou webs de organismos públicos oficiais,  únense blogs relevantes do sector, medios de comunicación dixital, portales de emprego, páxinas de empresas ou organismos privados…. Como consecuencia, o filtrado e organización de dita información é fundamental para posteriormente darlle saída.

As actividades do orientador teñen moito que ver coa curación de contidos.
A curación de contidos consiste en buscar, atopar e seleccionar os contidos máis relevantes de Internet para distribuilos despois de xeito segmentado  a través das redes sociais, webs, blogs e outras plataformas.

A curación de contidos é imprescindible para establecer unha metodoloxía de búsqueda para non acabar perdido entre tantas fontes de información.




Unha das ferramentas que utilizamos neste curso é Storify.


Esta ferramenta sirve para subir a tua propia información e atopar a que necesites das fontes á que te suscribas. Tamén permite compartir, comentar ou darlle a “me gusta”.


Permite “contar unha historia” a través dunha colección de contidos a través da web,  publícase na plataforma e logo  compártese nas redes sociais. Moitas empresas úsana como unha plataforma máis para dar a coñecer os seus contidos.
 



Outra das ferramentas utilizadas é Feedly.


Esta ferramenta que é gratuita almacena os “feeds” ou últimas entradas de aqueles diarios dixitales, webs e blogs gardados anteriormente. Permite arquivar e ordenar os feeds por temáticas.

Paréceme moi interesante xa que é internet o que traballa para min, o que conleva un aforro de tempo considerable. Manteño a miña información ordeada e actualizada diariamente.

Un exemplo das categorías que teño no meu feedly son as seguintes:

- Emprego: El Blog de la Orientación / MarcaEmpleo..

- Formación: Cursos Inem / Formación On line..

- Psicoloxía: Rincón de la Psicología / Infocop On line…

- Orientación: Mejora tu C.V.

- Educación Infantil: Blog “Mi mundo sabe a naranja” / Actividades de educación infantil

- Ciencia: Blog de Eduardo Punset / Muy interasante…

 - Tecnoloxía:  Xataba / Genbeta…   



 

 
















No hay comentarios:

Publicar un comentario