22 de septiembre de 2014

TRAZANDO FUTURO
Quero escribir este meu primeiro post falando precisamente do nome deste blog que acaba de nacer.

O ser humano sempre está desexando algo. En todos os ámbitos da nosa vida, ben sexa no persoal, familiar, lúdico, etc, sempre temos algún obxecto de desexo no que centramos a nosa atención e canalizamos todas as nosas enerxías para acadalo.

Isto por suposto é extrapolable ao ámbito laboral. Unha persoa buscadora de emprego o que máis desexa, o seu obxectivo final, é conseguir un posto de traballo.

Si no ámbito persoal ou familiar desexamos ter éxito na nosa empresa e non deixamos nada ao chou, porque íamos a facelo nun ámbito tan precioso e importante como é o laboral? Cando nos poñemos a buscar traballo, penso que non se debe de facer de maneira desorganizada ou improvisada. A planificación ou trazado do camiño que vamos a seguir é fundamental.

O plan de busca, da mesma maneira que un plan de empresa, ten que ser un proceso reflexivo e laborioso, onde entren en xogo todos os actores da película: autoavaliación, obxectivos, puntos febles, puntos fortes, onde estou, onde vou, que preciso, formación, información, cualificación, retroalimentación e un longo etcétera. Canto máis estudado estea o plan, canto máis a fondo nos apliquemos na nosa tarefa, máis posibilidades teremos de reducir os riscos de fracaso. En fin, teremos máis posibilidades de que a película acabe ben.

Por iso penso, que unha das funcións principais na orientación é precisamente a de axudar a trazar ou planificar estes plans de busca de emprego, e si damos un pasiño máis alá, axudar a que a persoa demandante consiga acadar unha autonomía persoal no seu proceso de busca. Palabras como sorte, lotaría, por si acaso, quiniela.. quedan desterradas do guión desta película!





No hay comentarios:

Publicar un comentario